GURUGÚ & CÍA
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m
Actores e técnicos: Pablo Sánchez, Marián González, Eva Sanz. Mamen Rivera, Beatriz Ferreño, Ricardo Costa, Esther García, Esteban Losada.

POSTA EN ESCENA:
É a quinta montaxe da compañía no que se traballa cos monicreques coma se fosen actores de carne e óso producindo unha curiosa mestura de naturalismo fantástico. A obra trata do teatro dentro do teatro.

SINOPSE :
Comedia que narra en clave de humor, as peripecias da compañía Gurugú no día da estrea dun novo espectáculo, dende a súa chegada ó teatro ata o momento da  representación. Os nervios e ciumes por un papel protagonista fan a súa aparición, mais non son os únicos en acudir, dous cachirulos rapaces cólanse no teatro coa sana intención de "divertirse", e coa complicidade do público boicotean o ensaio previo a representación. Escalas que caen, chamadas inoportunas, trocos de música e un rosario máis de accidentes amosan que esta profisión é moi, moi perigosa. ¡Pero!     ¿Quen deixou as portas do teatro abertas? ¡Ó seu desastroso ensaio convertido nun espectáculo público! ¡Oh Deus! ¡Que desgracia! O seu prestixio polo chan, xa ninguén os contratará, os tomates voan enderredor, e xa só lles queda un saída. ¡Sálvese quen poida! é a consigna.